Conservación da biodiversidade en hábitats costeiros galaicoportugueses para promover e lograr un desenvolvemento equilibrado das economías locais (BIOCOSTEIRO)
-
Acronimo:
BIOCOSTEIRO
-
Programa:
Programa de Cooperación Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
-
Convocatoria:
Terceira Convocatoria, 2023
-
Fondos:
FEDER
-
Socios:
SEO BirdLife
Concello de Viana do Castelo

-
Data de inicio:
01/11/2023
-
Data de fin:
30/09/2026
-
Orzamento elixible total:
750.683,44 €
-
Orzamento elixible Depo:
363.700,88 €
-
Subvención concedida total:
563.012,58 €
-
Subvención concedida Depo:
272.775,66 €
BIOCOSTEIRO aborda retos e problemáticas ambientais e turísticas compartidas no territorio que fan necesario deseñar estratexias e solucións sostibles adaptadas a cada caso. O espazo do proxecto conta con hábitats de interese comunitario prioritarios con funcións ecosistémicas fundamentais que están alterados ou transformados debido principalmente ao desenvolvemento turístico e á elevada densidade de poboación litoral na época estival, así como a impactos da actividade turística, o que provoca que os ecosistemas litorais e as súas especies sexan moi fráxiles.
O obxectivo de BIOCOSTEIRO é mellorar a protección e a preservación da natureza e da biodiversidade (hábitats costeiros e especies asociadas, poboacións invernantes e reprodutoras de limícolas e pernilongas de especial importancia ecolóxica) da Rede Natura 2000 e doutros lugares de interese do espazo transfronteirizo Pontevedra-Viana do Castelo. Ademais, busca reducir a presenza de especies exóticas invasoras (EEI), inclúe accións de sensibilización dirixidas a escolares e á sociedade, e promove un novo modelo de xestión turística responsable e sostible.
Os obxectivos específicos son:
- Planificar e coordinar medidas para protexer e mellorar o estado de conservación de Charadrius alexandrinus, Haematopus ostralegus, Numenius arquata e Platalea leucorodia, así como os hábitats asociados de interese comunitario prioritarios (praias, dunas marítimas das costas atlánticas, dunas de area, lagoas intermareais e costeiras etc.) da Rede Natura 2000 en zonas costeiras da provincia de Pontevedra e de Viana do Castelo. Tamén se pretende reducir a presenza das EEI Cortaderia selloana, Carpobrotus edulis, Acacia longifolia, Acacia melanoxylon e Acacia dealbata.
- Deseñar e implementar unha estratexia para a xestión responsable e sostible do turismo na contorna transfronteiriza Pontevedra-Viana do Castelo, e poñer en valor a súa biodiversidade e os seus valores ambientais ao integrar actores de interese.
- Mellorar o coñecemento e aumentar a concienciación sobre a importancia de conservar a biodiversidade costeira do espazo transfronteirizo a través de ferramentas turísticas innovadoras e sostibles, e sensibilizar a sociedade sobre as ameazas da presión turística e das EEI.
Ligazóns de interese



