null Proxecto europeo- C2 AXENDA 2030 LOCAL

Xeración de capacidades para posibilitar a localización da Axenda 2030 nos pequenos municipios rurais desde a colaboración transfronteiriza

  • Acronimo:

    C2 AXENDA 2030 LOCAL

  • Programa:

    Programa de cooperación Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

  • Convocatoria:

    2023 (segunda)

  • Fondos:

    FEDER

  • Socios:

    Deputación Provincial de Cáceres

    Comunidade Intermunicipal do Alto Minho

    Comunidade Intermunicipal do Baixo Alentejo

    Universidade de Vigo

    Comunidade Intermunicipal da Beira Baixa

    Deputación Provincial de Huelva

  • Data de inicio:

    01/07/2023

  • Data de fin:

    30/09/2025

  • Orzamento elixible total:

    792.705,16 €

  • Orzamento elixible Depo:

    316.034,27 €

  • Subvención concedida total:

    594.528,87 €

  • Subvención concedida Depo:

    237.025,70 €

Proxecto enfocado a mellorar a capacidade de aplicar a Axenda 2030 nos municipios de menos de 20.000 habitantes situados a menos de 50 quilómetros da fronteira (territorios NUT3 transfronteirizos).

Acompañarase a estes municipios para avanzar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) desde a colaboración transfronteiriza cun dobre obxectivo: aproveitar as sinerxías e xerar novos proxectos comúns a partir da identificación de retos.

Actividades específicas:

Diagnóstico e xeración de ferramentas

Identificar o estado de aplicación da Axenda 2030 e os ODS, e das estratexias municipais. Proporanse ferramentas e actividades formativas adaptadas á realidade de cada concello.

Capacitación colaborativa

Folla de ruta, estratexias e plan de acción para implementar a Axenda 2030 e os ODS. Organizaranse seminarios, cursos e comunidades de aprendizaxe que facilitarán o contacto entre municipios, así como a identificación e definición de proxectos colaborativos transfronteirizos.

Observatorio transfronteirizo

Estará centrado no desenvolvemento da Axenda 2030 e integrará o coñecemento e as boas prácticas xeradas. ​​​​​​​