Estratexia innovadora transfronteiriza para a protección de castiñeiras ante desafíos climáticos e biolóxicos
-
Acronimo:
CHESTNUTCARE
-
Programa:
Cooperación Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
-
Convocatoria:
Sexta
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
Beneficiario principal: Deputación de Pontevedra

-
Data de inicio:
01/01/2026
-
Data de fin:
31/12/2028
-
Orzamento elixible total:
372.228,61 €
O obxectivo xeral do proxecto é desenvolver e implementar tecnoloxías avanzadas para a detección, control e xestión de danos nos bosques de castiñeiro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e asemade promover a sustentabilidade, rendibilidade e resiliencia do sector da castaña. Espérase lograr un cambio significativo na problemática mediante a innovación tecnolóxica e unha cooperación efectiva, que mellore a capacidade de resposta fronte a ameazas fitosanitarias e fortaleza a competitividade rexional.
Para iso, levaranse a cabo o diagnóstico conxunto, o desenvolvemento de ferramentas preditivas e sistemas de alerta temperá, a implementación de tecnoloxías avanzadas de mostraxe e a transferencia de coñecemento a agricultoras, agricultores e xestores forestais.
O proxecto combina tecnoloxías de vangarda e tradicionais, cun enfoque integrado de cooperación. Isto permitirá non só optimizar a xestión fitosanitaria, senón tamén establecer un modelo replicable para outras rexións con desafíos similares. Ademais, fomenta unha colaboración eficaz entre o ámbito público e privado.
Entidades beneficiarias
BE1: Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)
BE2: Instituto Politécnico de Bragança
BE3: Instituto Politécnico de Viana do Castelo
BE4: Fauna útil, S. L.





