null Proxecto europeo-Commerce Inside

Commerce inside

  • Concellos:

    Baiona

    Bueu

    Tui

    Soutomaior

    Caldas de Reis

    Nigrán

    Sanxenxo

    Cambados

    O Grove

  • Programa:

    Axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    2021

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Industria e Turismo

  • Data de inicio:

    01/01/2022

  • Data de fin:

    30/09/2023

  • Orzamento elixible total:

    1.097.350,00 €

  • Subvención concedida total:

    768.145,00 €

Proxecto de impulso ao comercio nas áreas turísticas de dez municipios da provincia cun novo modelo sostible, que favoreceu o desenvolvemento do binomio comercio-turismo cun denominador común: o comercio local. Déuselle pulo a recursos e experiencias, xerouse emprego de calidade e desenvolvéronse accións con respecto polo medio.

Os concellos que se integraron no proxecto foron Baiona, Bueu, Tui, Soutomaior, Caldas de Reis, Nigrán, Sanxenxo, Cambados e O Grove. A iniciativa despregou 11 accións para xerar un crecemento ordenado dos servizos, infraestruturas e produtos. Traballouse, neste ámbito, para crear unha comunidade apoderada, participativa e fortalecida que vexa no apoio ao comercio unha base para asegurar o futuro, a través da promoción dun modelo económico-social igualitario e competitivo.

As actuacións foron:

  • Instalación de tótems dixitais.
  • Novas zonas de descanso verdes con cargadores solares.
  • Mellora da sinalética turística comercial.
  • Creación dunha plataforma de xestión de zonas comerciais.
  • Desenvolvemento dun directorio enlazable con Tourist Inside e creación de contidos dixitais específicos.
  • Reforzo de zonas wifi.
  • Novos deseños de paquetería coa imaxe da marca turística Rías Baixas.
  • Instalación de illas ecolóxicas para o depósito de biorresiduos, e utilizadas tamén como punto de información e sensibilización sobre o tratamento e reciclaxe de residuos.

Ligazóns de interese