null Proxecto europeo-Conecta Lab

Conecta Lab

  • Programa:

    Liña de axudas a laboratorios e incubadoras de creación e desenvolvemento de proxectos audiovisuais (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Cultura e Deporte

  • Socios:

    CREA, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización

  • Data de inicio:

    21/07/2022

  • Data de fin:

    29/04/2024

  • Orzamento elixible total:

    269.000,00 €

  • Orzamento elixible Depo:

    134.500,00 €

  • Subvención concedida total:

    182.920,00 €

  • Subvención concedida Depo:

    91.460,00 €

Conecta Lab é un laboratorio para creadoras e creadores audiovisuais no que se impulsa e acompaña o seu proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series (ficción e documental). Os proxectos seleccionados recibiron asesorías de guión e dirección por parte de recoñecidas e recoñecidos profesionais e o proceso culminou cunha residencia artística de dez días na illa de San Simón (Pontevedra), onde se levaron a cabo actividades paralelas, de formación, xunto coas vivencias propias nunha contorna única.

Entre os obxectivos do proxecto estaban facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias cunha visión internacional, estimular o emprendemento e a participación do sector privado no financiamento de proxectos audiovisuais, favorecer a diversidade cultural e lingüística e impulsar a contribución do sector audiovisual á igualdade de xénero e aos ODS.

 

Ligazóns de interese