Construción de senda peonil na EP-0206 Ponte Caldelas-Parada-Xustáns (Ponte Caldelas)
-
Concellos:
Ponte Caldelas
-
Acronimo:
EP-0206 PONTE CALDELAS
-
Programa:
Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020
-
Convocatoria:
Subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
IDAE

-
Data de inicio:
20/08/2020
-
Data de fin:
18/10/2021
-
Orzamento elixible Depo:
212.179,01 €
-
Subvención concedida Depo:
169.743,20 €
Esta actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil no tramo da estrada provincial EP-0206 que comunica a PO-532 co núcleo de Parada en Ponte Caldelas. Créase co proxecto un itinerario peonil seguro desde o núcleo urbano da vila ata o lugar de Parada.
A obra implica unha nova planificación profunda e conceptual, co fin de mellorar a seguridade viaria dunha estrada que non contaba cun espazo axeitado para o tránsito das e dos viandantes. Para iso, instálase unha senda peonil de formigón na marxe dereita da estrada, de 1,1 km de lonxitude e cun ancho mínimo de 2,50 m, reservada para os colectivos máis vulnerables.
Con esta actuación búscase crear unha infraestrutura atractiva para as persoas, que reduza o uso do vehículo privado e que, polo tanto, supoña un cambio de uso en prol das mobilidades amables.
Ligazóns de interese

