null Proxecto europeo-Creacion da rede de oficinas Acelera Peme para contornas rurais

Creación da rede de oficinas Acelera Peme para contornas rurais

  • Concellos:

    Cambados

    Ponteareas

  • Acronimo:

    Acelera Peme Rural

  • Programa:

    Liña de axudas para a creación da rede de oficinas Acelera Peme para contornas rurais (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    2021

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Red.es

  • Data de inicio:

    29/08/2022

  • Data de fin:

    29/08/2025

  • Orzamento elixible total:

    512.500,00€

  • Subvención concedida total:

    410.000,00 €

Proxecto dirixido a crear as oficinas Acelera Peme Rural Pontevedra, que terán a función de impulsar a dixitalización das pemes da contorna rural da provincia.

A través destes centros achegaranse capacidades e recursos para lograr a transformación dixital das pemes rurais en colaboración con axentes públicos e privados.

Entre as súas accións de apoio destacan:

Informe de recomendacións

Información orientadora sobre estratexias, canles e tecnoloxías para mellorar a xestión de procesos ou conseguir máis visibilidade e captación de clientes.

Plan de estratexia dixital

Análise e detección de necesidades da empresa. A partir deste estudo elabórase un informe de estratexia enfocado en reforzar a visibilidade en canles de comunicación dixitais, como redes sociais, tenda en liña, sitio web etc.

Plan de transformación dixital

Plan, precedido de análise, que guiará a dixitalización dos procesos, metodoloxías e canles de xestión e comunicación.

Ligazóns de interese