null Proxecto europeo-Da tua man rural II

Da túa man (rural II)

  • Concellos:

    Catoira

    Covelo

    Crecente

    Fornelos de Montes

    A Guarda

    A Illa de Arousa

    Moraña

    Oia

    Portas

    Vilaboa

  • Programa:

    Axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Convocatoria de 2023

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Economía, Comercio e Empresa

  • Data de inicio:

    01/07/2023

  • Data de fin:

    31/12/2024

  • Orzamento elixible Depo:

    500.000,00 €

  • Subvención concedida Depo:

    500.000,00 €

O proxecto "Da túa man (rural II)" actúa en municipios de menos de 5.000 habitantes, coa finalidade de visibilizar e modernizar o pequeno comercio local e adaptalo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e do uso das novas tecnoloxías e do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (redución na creación de residuos, promoción da reciclaxe e reutilización dos residuos), así como dunha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecerlle un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes.

Así mesmo, preténdense crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de quilómetro cero para impulsar unha estratexia común. Implicaranse as comunidades locais da man dos concellos e da Deputación de Pontevedra e aproveitaranse as potencialidades e os recursos endóxenos (produtos locais, culturais e turísticos) destes termos municipais para favorecer a empregabilidade e a permanencia da veciñanza no territorio.

Os concellos beneficiarios son Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Guarda, A Illa de Arousa, Moraña, Oia, Portas e Vilaboa.
Articúlase ao redor das seguintes actuacións:

  • Transformación dixital mediante campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais.
  • Transformación do punto de venda mediante a adaptación da accesibilidade á contorna comercial.
  • Sostibilidade e economía circular mediante a promoción da embalaxe sostible, a instalación de illas ecolóxicas e actuacións de economía circular, e a colocación de dispositivos para reciclar residuos especiais.
  • Cadea de subministración e rastrexabilidade a través da implantación dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores.

Sensibilización e formación teórica e práctica de habilidades, uso e xestión de ferramentas tecnolóxicas no comercio, e sensibilización e campañas para fomentar estratexias de economía circular.

Ligazóns de interese