null Proxecto europeo- Defensa contra incendios forestais na fronteira hispano-lusa

Defensa contra incendios forestais na fronteira hispano-lusa (Interlumes)

  • Acronimo:

    Interlumes

  • Programa:

    Programa de cooperación Interreg V A España-Portugal 2014-2020

  • Convocatoria:

    Cuarta convocatoria, 2020

  • Fondos:

    FEDER

  • Socios:

    Dirección Xeral de Defensa do Monte

    Junta de Estremadura. Dirección Xeral de Política Forestal (Consellería de Agricultura, Desenvolvemento Rural, Poboación e Territorio)

    Deputación de Salamanca

    Autoridade Nacional de Emerxencia e Protección Civil. Comando Distrital de Operacións de Socorro do Porto

    Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Política Forestal

    Deputación de Zamora

    Deputación de Ourense

  • Data de inicio:

    01/04/2019

  • Data de fin:

    31/12/2022

  • Orzamento elixible total:

    9.128.000 €

  • Orzamento elixible Depo:

    250.000 €

  • Subvención concedida total:

    6.846.000 €

  • Subvención concedida Depo:

    187.500 €

O proxecto enfócase na defensa contra os incendios forestais no territorio transfronteirizo con Portugal e ten por obxecto contribuír de maneira eficaz a aumentar a resiliencia territorial fronte aos riscos naturais.

Os obxectivos son:

­ Reforzar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais na fronteira hispano-lusa, a través da creación da primeira base de avións fronteiriza e o reforzo e mellora doutras instalacións para a prevención e extinción de incendios, e adquirir material que aumente a capacidade de resposta.

­ Reforzar e axuntar a cooperación, os procedementos de traballo e a formación entre os dispositivos de prevención e extinción de incendios forestais na área de cooperación da eurorrexión Galicia–Portugal–Castela e León e Estremadura a través da elaboración e implantación dun Plan de actuación conxunta (PAC) que mellore a xestión e coordinación in situ.

­ Identificación dos riscos da zona, en especial os derivados do cambio climático (incendios forestais) e definición dun plan de actuación ante eles.

­ Sensibilizar a poboación sobre os riscos identificados e as vías de prevención.

As accións que se levarán a cabo son:

  • Reforzar os equipos de prevención e extinción en zonas de alto risco diario da provincia de Pontevedra.
  • Habilitar un sistema integral de xestión de puntos de carga para os concellos da provincia de Pontevedra.
  • Proporcionar apoio ás e aos propietarios de montes e comunidades locais.
  • Desenvolver e executar unha estratexia de difusión e comunicación.

Ligazóns de interese