Xestión integral e aproveitamento de piñeirais (DEPOFOREST)
-
Acronimo:
DEPOFOREST
-
Programa:
Programa Empleaverde
-
Convocatoria:
Subvencións para a creación de emprego a través de proxectos de formación, asesoramento e innovación social dirixidos a persoas desempregadas, convocatoria de 2021
-
Fondos:
FSE
-
Órgano responsable:
Fundación Biodiversidade

-
Data de inicio:
11/04/2022
-
Data de fin:
11/01/2023
-
Orzamento elixible Depo:
102.466,52 €
-
Subvención concedida Depo:
92.219,87 €
Acción formativa destinada a facerlles fronte ao reto demográfico e ao despoboamento territorial a través da formación e do emprego na contorna rural e forestal. Para iso, apostarase pola creación de emprego verde no medio rural para contribuír á protección integral do monte dentro dunha estratexia forestal diversa e sostible.
"Depoforest" está dirixido a persoas desempregadas, tanto titulares de parcelas coma habitantes do medio rural, interesadas en desenvolver esta actividade de maneira externa. A formación busca darlles os coñecementos necesarios para realizar a xestión a longo prazo dos piñeirais, coa finalidade de obter o maior beneficio e conseguir a mellor madeira de calidade. Así mesmo, introduce actividades económicas que, ademais de axudar a obter o mellor produto con vistas aos seguintes quince ou vinte anos, poden ser fonte de ingresos complementarios de maneira máis periódica, coma a extracción de resina.
Ligazóns de interese



