Ensanche e mellora da seguranza viaria na EP-0405 A Xesteira-Almofrei, do p. q. 0+000 ao p. q. 1+500 (Cerdedo-Cotobade)
-
Concellos:
Cerdedo-Cotobade
-
Acronimo:
EP-0405 Cerdedo-Cotobade
-
Programa:
Programa DUS 5000 (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)
-
Convocatoria:
Axudas a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico. Convocatoria de 2022
-
Fondos:
Next Generation
-
Órgano responsable:
IDAE

-
Data de inicio:
01/04/2024
-
Data de fin:
08/02/2025
-
Orzamento elixible Depo:
816.323,54 €
-
Subvención concedida Depo:
693.875,00 €
A EP-0405 é unha estrada de dobre sentido de circulación con dous carrís de anchura variable e sen beirarrúas. Cunha lonxitude de quilómetro e medio, no p. q. 0+000 esta vía conecta coa estrada autonómica PO-233 e finaliza xunto á igrexa de San Lourenzo de Almofrei, no p. q. 1+500.
A actuación en todo este ámbito do concello de Cerdedo-Cotobade contempla a mellora da seguridade viaria do tráfico rodado e de viandantes. Concretamente, execútase unha senda peonil de formigón, dun ancho de 2,5 m, ao longo do tramo máis urbano da EP-0405, no lugar de Almofrei. Ademais, créanse dúas zonas de convivencia nos tramos nos que non é viable a segregación de usos, coa finalidade de acadar as condicións de seguridade necesarias. Dótase a zona con elementos de calmado do tráfico adecuados.
Doutra banda, fóra do núcleo, mellórase o trazado da estrada ao ampliar os radios de xiro para o tráfico rodado e constrúese unha cuneta de seguridade que, xunto co calmado do tráfico, fai que esta infraestrutura tamén a poidan usar as e os usuarios máis vulnerables.
Por último, adecúase a rede de drenaxe, execútanse muros onde é necesario evitar grandes noiros, protéxense os muros de grande altura, sotérrase a rede de iluminación e vólvese pavimentar a calzada.
Ao transformar a estrada, devólveselles ás e aos viandantes un espazo público que o coche lles arrebatou e conséguese un itinerario continuo, atractivo e seguro.
Ligazóns de interese




