Mellora da mobilidade peonil no camiño escolar na EP-3102 ao CEP Pedro Caselles dende o p. q. 0+000 ata o p. q. 0+400 (Tomiño)
-
Concellos:
Tomiño
-
Acronimo:
EP-3102 Tomiño
-
Programa:
Programa DUS 5000 (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)
-
Convocatoria:
Axudas a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, convocatoria de 2022
-
Fondos:
Next Generation
-
Órgano responsable:
IDAE
-
Socios:
N/A

-
Data de inicio:
24/05/2022
-
Data de fin:
21/03/2025
-
Orzamento elixible total:
281.699,37 €
-
Subvención concedida total:
239.444,46 €
A actuación abarca un tramo de 400 metros da EP-3102 entre o CEP Pedro Caselles e a intersección coa avenida Baixo Miño, no concello de Tomiño. O treito dálle acceso a varios equipamentos coma o centro escolar, a igrexa e o cemiterio, polo que se trata dunha zona moi concorrida, na que a maioría dos traxectos se realizan camiñando.
Executouse un itinerario peonil na marxe dereita de preto de 3,80 metros de ancho. Doutra banda, mellorouse a calzada para incrementar a seguridade viaria e reordenáronse os espazos.
A actuación complétase coa plantación de árbores, a instalación de mobiliario urbano, a execución dunha rede de drenaxe adecuada e a adecuación dos servizos necesarios e a sinalización, sempre coas premisas de buscar un deseño comprensible, utilizable e practicable por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade.
Realizouse un replaneamento profundo e conceptual, con especial fincapé na protección dos colectivos máis vulnerables: viandantes, ciclistas e persoas con mobilidade reducida.
As actuacións potencian e dinamizan a zona e cumpren coas funcións necesarias para que as e os peóns circulen con total seguridade.
Ligazóns de interese




