Labora 2020
-
Programa:
Programa operativo de emprego, formación e educación 2014–2020
-
Convocatoria:
Axudas destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables, convocatoria de 2018
-
Fondos:
FSE
-
Órgano responsable:
Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática

-
Data de inicio:
01/01/2019
-
Data de fin:
31/12/2022
-
Orzamento elixible Depo:
3.856.041,19 €
-
Subvención concedida Depo:
3.084.832,95 €
"Labora 2020" é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende poñer en marcha itinerarios integrados e personalizados para mellorar a formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, para responder a necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de postos de traballo.
O programa ofrece itinerarios integrados de inserción sociolaboral coas seguintes características:
- Orientación laboral e titorías individuais.
- Formación específica para obter certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias clave de nivel 2.
- Práctica profesional titorizada correspondente á formación específica en contornas reais de traballo.
- Formación transversal en igualdade de oportunidades e de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social. Desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio.
- Formación complementaria: busca de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego.
- Axuda económica por día de asistencia ás accións formativas.
- Xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias en boas prácticas.
A formación realízase en diferentes concellos da provincia de Pontevedra, coma O Porriño, Vigo, Pontevedra, Baiona, Tomiño, Nigrán, A Guarda ou Lalín, e hai cursos en distintas familias profesionais.
O proxecto "Labora 2020" está dirixido a colectivos vulnerables, indicados como tal na convocatoria de 2018 das axudas do Fondo Social Europeo previstas no Programa operativo de emprego, formación e educación (POEFE) e destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP-POEFE). Segundo o indicado nesta convocatoria, as persoas destinatarias deben pertencer aos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración (PLD).
- Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa operativo de emprego xuvenil (POEX).
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas co certificado de discapacidade.
- Inmigrantes.
- Minorías étnicas ou comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, de discriminación por orixe racial ou étnica ou por orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e exreclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas, persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos de minorías étnicas ou comunidades marxinadas.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.
Ligazóns de interese

