+Rueiro
-
Acronimo:
+Rueiro
-
Programa:
Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e en concreto a referencia ao Compoñente 11, Investimento 3, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021.
-
Convocatoria:
Orde TER/1235/2023
-
Fondos:
Next Generation
-
Órgano responsable:
Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra

-
Data de inicio:
15/07/2025
-
Data de fin:
31/03/2026
-
Orzamento elixible total:
1.500.000 €
-
Subvención concedida total:
1.500.000 €
O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, en estreita colaboración co Instituto Nacional de Estatística, coordina esta subvención outorgada ás diferentes deputacións do territorio español para transformar e modernizar o padrón municipal mediante a elaboración dun censo de vivendas. Na provincia de Pontevedra adheríronse ao convenio os cincuenta e nove municipios de menos de 50.000 habitantes.
O proxecto permitirá dotar cada municipio dunha base de datos de vivendas xeolocalizadas na que cada unha contará cun identificador único baseado na referencia catastral. Esta información terá un dobre compoñente, por unha banda, enviáraselle ao Ministerio para a actualización da información padronal e, pola outra, crearase unha plataforma de numeración dixital das vivendas coa súa xeolocalización para elaborar os rueiros municipais.
A actuación responde a problemas coma a dispersión poboacional, a existencia de enderezos incompletos e problemas de numeración en numerosas vivendas, especialmente en zonas rurais. Como resultado, desenvolverase un rueiro municipal dixital que mellorará a planificación territorial, a prestación de servizos públicos, a actividade económica e a promoción turística, ademais de favorecer a interoperabilidade entre administracións e entidades privadas.


