Mellora da mobilidade peonil na EP-0601 Portosanto-Campelo-C 550 correspondente co p. q. 0+000 ata a contorna da baixada cara ao porto de Campelo, no p. q. 1+730 (Poio)
-
Concellos:
Poio
-
Acronimo:
EP-0601 POIO
-
Programa:
Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020
-
Convocatoria:
Subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
IDAE

-
Data de inicio:
03/05/2019
-
Data de fin:
15/07/2021
-
Orzamento elixible Depo:
1.750.056,55 €
-
Subvención concedida Depo:
1.400.045,24 €
A actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil no tramo da estrada provincial EP-0601 desde a confluencia das rúas Padre Avelino e Beiramar, en Campelo, ata a intersección coa avenida Peirao Besada, no municipio de Poio (desde o p. q. 0 ata o p. q. 1,730).
A obra implica unha nova planificación profunda e conceptual co fin de mellorar a seguridade viaria dunha estrada actualmente deteriorada e sen ningún tipo de área reservada para as e os viandantes. Para iso, proxéctase unha senda peonil de formigón coloreado, de 2,5 m de ancho e 1.730 m de longo, reservada para os colectivos máis vulnerables. Nos puntos do trazado onde non é posible instalar a senda establécese unha zona de convivencia entre o tráfico rodado e o peonil, con prioridade peonil e velocidade limitada a 20 km/h.
Con esta actuación búscase crear unha infraestrutura atractiva para as persoas, que reduza o uso do vehículo privado e que, polo tanto, supoña un cambio de uso en prol das mobilidades amables.
Ligazóns de interese

