null Proxecto europeo- Mellora da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagon–Goian ii

Mellora da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián, desde o p. q. 1+795 ata o 3+600. Tramo II (O Rosal)

  • Concellos:

    O Rosal

  • Acronimo:

    EP-3303 O Rosal

  • Programa:

    Programa DUS 5000 (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Axudas a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, convocatoria de 2022

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    IDAE

  • Data de inicio:

    24/05/2023

  • Data de fin:

    24/05/2024

  • Orzamento elixible Depo:

    782.091,30 €

  • Subvención concedida Depo:

    541.907,75 €

A actuación consiste en mellorar a mobilidade peonil e a seguranza viaria no tramo de estrada provincial EP-3303 entre Tabagón e Goián, desde o p. q. 1+795 ata o 3+600.

Esta intervención constitúe o segundo tramo dunha senda que se executará en tres fases e que permitirá conectar os núcleos de Tabagón (no municipio do Rosal) e Goián (no municipio de Tomiño) mediante un itinerario peonil seguro, accesible e atractivo.

A situación xeográfica e a súa vinculación directa cun espazo natural e paisaxístico privilexiado supuxeron, nesta contorna, un aumento das actividades relacionadas co turismo de natureza e cultural, sendeirismo etc., polo que cómpre dispoñer dunha infraestrutura adecuada para o desprazamento activo.

En concreto, execútase unha senda peonil de 2,50 metros de ancho na marxe dereita da vía e acondiciónase a marxe esquerda coa execución de cunetas remontables de seguridade. Ademais, limítase o ancho de carril para favorecer a circulación a velocidades adecuadas e renóvase a sinalización horizontal e vertical.

Nun tramo na contorna da igrexa de San Bartolomeu de Eiras, ante a falta de espazo para poder segregar os usos peonís e de tráfico motorizado, execútase unha zona de convivencia mediante unha plataforma única de formigón con bandas de pedra. Renóvase a capa de rodaxe en todo o traxecto, execútanse elementos físicos de calmado de tráfico, adecúase a rede de recollida de augas pluviais e instálase a canalización para un futuro soterramento da rede de iluminación.

A actuación dota a zona dun itinerario peonil seguro, accesible e inclusivo, que incrementa o número de usuarias e usuarios que empregan a vía para moverse de forma sostible, ao pasar dunha infraestrutura concibida case en exclusiva para os vehículos motorizados a outra que pon na cúspide da pirámide de mobilidade os colectivos máis vulnerables e garante que todas as persoas poidan desprazarse de forma activa e segura.

A posibilidade de comunicación que ofrece esta infraestrutura contribuirá a fomentar a vida rural ao mellorar as súas posibilidades de comunicación dunha maneira sostible e potenciar unha alternativa ao vehículo privado.

Ligazóns de interese