Mellora da seguranza viaria na EP-2502 Cerquido–Ribadelouro, desde o p. q. 1+950 ata o p. q. 2+150 (Tui)
-
Concellos:
Tui
-
Acronimo:
EP-2502 Tui
-
Programa:
Axudas para realizar accións destinadas á promoción de estilos de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de contornas saudables (RECS) (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)
-
Convocatoria:
Primeira convocatoria de 2022
-
Fondos:
Next Generation
-
Órgano responsable:
FEMP. Ministerio de Sanidade

-
Data de inicio:
14/07/2022
-
Data de fin:
14/03/2023
-
Orzamento elixible Depo:
468.243,90 €
-
Subvención concedida Depo:
120.000,00 €
No proxecto contémplanse accións para fomentar un cambio modal cara a formas de transporte máis sostibles (a pé ou en bicicleta) en detrimento do vehículo privado. As actuacións, que se executan no concello de Tui, teñen como finalidade darlles valor ás e aos viandantes. Trátase de potenciar e dinamizar unha zona que presentaba unha serie de carencias e inconvenientes que padecían as persoas usuarias, xa que non cumpría coas funcións básicas necesarias para que estas circulasen con total seguridade.
Co proxecto buscouse reducir o consumo enerxético derivado do tránsito de vehículos a motor. De acordo co estudo enerxético encargado para a súa avaliación, concluíuse que a actuación podería supoñer un aforro enerxético de 12.081 kWh/ano (7,5 % de aforro respecto da situación de partida) e unha redución de emisións de 3,6 toneladas de CO2 equivalentes, como consecuencia do novo perfil de mobilidade no curto-medio prazo. Ademais, o proxecto mellora a seguridade das persoas, viandantes e vehículos, así como a calidade do aire, e reduce os niveis de ruído na contorna.
Tras a actuación, as superficies dispoñibles para as e os peóns acadarán os 3.370 m2 aproximadamente, o que inclúe o acondicionamento de 200 m2 de zonas verdes na contorna, en comparación cos 288 m2 anteriores.
A actuación en ambas as vías dálles continuidade ás sendas peonís existentes no tramo da EP-2502 inmediatamente anterior, que conectan este ámbito co núcleo de Ribadelouro.
Ligazóns de interese




