null Proxecto europeo- Mellora da seguranza viaria na EP-9101 O Grove-Igrexa de San Vicente

Mellora da seguranza viaria na EP-9101 O Grove-Igrexa de San Vicente, do p. q. 1+000 ao p. q. 2+550 (O Grove)

  • Concellos:

    O Grove

  • Acronimo:

    EP-9101 O Grove

  • Programa:

    Axudas para realizar accións destinadas á promoción de estilos de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de contornas saudables (RECS) (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Primeira convocatoria, 2022

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    FEMP. Ministerio de Sanidade

  • Data de inicio:

    19/01/2023

  • Data de fin:

    19/07/2023

  • Orzamento elixible Depo:

    551.783,74 €

  • Subvención concedida Depo:

    551.783,74 €

As actuacións obxecto de financiamento están encamiñadas ao acondicionamento da EP-9101, máis concretamente nun tramo de 1.550 metros de lonxitude entre o p. q. 1+000 e o 2+550. Mellórase a seguranza viaria e proporciónase un itinerario seguro e atractivo para as persoas ao garantir a accesibilidade nun treito que non contaba con beirarrúas, entre os núcleos de Campos e A Gandariña, no Concello do Grove.

Este novo itinerario consiste nunha senda de formigón coloreado, cun mínimo de 2,50 metros de ancho, que se executa na marxe esquerda desta estrada provincial, en toda a lonxitude de actuación. No tramo final, ademais da senda pola marxe esquerda, execútase un paso peonil sobreelevado e acondiciónase a superficie da marxe dereita cunha capa de slurry sintético coloreado, a fin de poder diferenciar correctamente as distintas zonas da plataforma.

A senda dótase da iluminación adecuada para mellorar a seguridade viaria, especialmente a peonil.

A actuación implica unha nova planificación profunda e conceptual da estrada, que ten por obxecto inverter a pirámide da mobilidade ao darlle a máxima importancia aos desprazamentos a pé; é dicir, sitúa na cúspide os colectivos máis vulnerables.

Ligazóns de interese