null Proxecto europeo- Mellora da seguranza viaria na EP-9306 Cobas-Padrenda

Mellora da seguranza viaria na EP-9306 Cobas-Padrenda desde o p. q. 0+000 ata o 0+820 (Meaño)

  • Concellos:

    Meaño

  • Acronimo:

    EP_9306_MMU_MEAÑO

  • Programa:

    Programa operativo FEDER plurirrexional de España 2014-2020

  • Convocatoria:

    Subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono

  • Fondos:

    FEDER

  • Órgano responsable:

    IDAE

  • Data de inicio:

    27/12/2021

  • Data de fin:

    31/07/2023

  • Orzamento elixible Depo:

    502.337,99 €

  • Subvención concedida Depo:

    401.870,39 €

A  actuación céntrase no tramo da EP-9306 Cobas–Padrenda desde o punto quilométrico 0 ata o 0+820, en Meaño. Consiste en mellorar a mobilidade mediante a execución dunha senda peonil na marxe esquerda de toda a estrada, cun ancho mínimo de 2,50 metros, e adaptada ao espazo público existente para mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade, tanto para o tráfico rodado coma o peonil.

O principal obxectivo é crear espazos seguros para o tránsito de persoas a pé, fomentando ademais os paseos e os hábitos saudables, reducindo o número de vehículos, a velocidade do tráfico, o ruído e a emisión de CO2.

Ligazóns de interese