null Proxecto europeo - Mellora do CEIP Daría González García

Mellora do CEIP Daría González García

  • Programa:

    Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos PIREP (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Liña 1. Edificio para rehabilitar cuxa recepción de obra teña lugar como máximo o 30 de setembro de 2024

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

  • Data de inicio:

    04/06/2021

  • Data de fin:

    08/02/2024

  • Orzamento elixible Depo:

    1.784.700,71 €

  • Subvención concedida Depo:

    1.764.323,75 €

O proxecto consiste na execución de obras de mellora no CEIP Daría González García para mellorar a súa accesibilidade e solucionar os problemas enerxéticos.

Por unha banda, executáronse obras para acadar unha óptima eficiencia enerxética do edificio mediante a actuación sobre o conxunto da envolvente térmica. Así, substituíronse a cuberta e carpinterías exteriores, recubríronse as fachadas e foron instalados illamentos en teitos en contacto co exterior. Ademais, colocáronse paneis fotovoltaicos, o que conxuntamente repercute nunha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do edificio dun 80 %.

Por outra banda, abordouse a mellora da accesibilidade, habitabilidade, conservación e seguridade de uso do edificio mediante a substitución do ascensor, a construción dun aseo accesible, a reforma de dous aseos no andar baixo e a adaptación e reforma do espazo de xogos interior con criterios de accesibilidade.