Recuperación do espazo público e mellora da mobilidade peonil entre o p. q. 1+200 e o p. q. 1+780 da EP-1104 Moaña–Coiro
-
Concellos:
Moaña
-
Acronimo:
EP_1104_MMU_ABELENDO
-
Programa:
Programa operativo FEDER plurirrexional de España 2014-2020
-
Convocatoria:
Subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono
-
Fondos:
FEDER
-
Órgano responsable:
IDAE
-
Socios:
N/A

-
Data de inicio:
14/05/2021
-
Data de fin:
14/07/2022
-
Orzamento elixible total:
642.729,18 € €
-
Subvención concedida total:
514.183,34 €
Esta actuación céntrase na estrada provincial EP-1104 Moaña-Coiro, entre os puntos quilométricos 1,2 e 1,78, no termo municipal de Moaña. Ten como obxectivo, na maior parte do treito, a creación dunha dobre senda peonil de 2,50 metros de ancho. No tramo de maior concentración de edificacións créase unha plataforma única de convivencia con prioridade peonil, para os efectos de mellorar substancialmente a mobilidade das persoas a pé e posibilitar un cambio modal que fomente os desprazamentos peonís en detrimento do uso do vehículo privado.
Ademais, a obra tamén consistiu na execución das drenaxes de augas pluviais da estrada, na renovación da rede de iluminación pública e na instalación de novo mobiliario urbano e varandas de protección para as e os peóns
Ligazóns de interese



