Mellora da seguridade viaria e senda peonil na EP-9212 entre Noalla e a praia da Lanzada, desde o p. q. 0+000 ata o p. q. 1+224 (Sanxenxo)
-
Concellos:
Sanxenxo
-
Acronimo:
EP-9212 Sanxenxo
-
Programa:
Programa DUS 5000 (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)
-
Convocatoria:
Axudas a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, convocatoria de 2022
-
Fondos:
Next Generation
-
Coordinador:
N/A
-
Órgano responsable:
IDAE

-
Data de inicio:
31/12/2021
-
Data de fin:
23/09/2022
-
Orzamento elixible total:
910.606,14 €
-
Subvención concedida total:
774.015,19 €
A actuación consistiu na mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria entre os puntos quilométricos 0 e 1,224 da estrada de titularidade provincial EP-9212 entre Noalla e a praia da Lanzada, no municipio de Sanxenxo. A intervención abarca a zona situada entre a igrexa de Santo Estevo e o acceso ao areal.
Concretamente, as actuacións consistiron na execución dunha nova senda peonil na marxe dereita da EP-9212, paralela á plataforma existente.
Executáronse, doutra banda, tres zonas de convivencia con prioridade peonil nos puntos do trazado onde o grao de consolidación da edificación non deixaba un espazo suficiente para poder segregar os diferentes modos de desprazamento. Estas zonas de convivencia suman 190 metros.
Ademais, executáronse catro pasos peonís sobreelevados que garanten a permeabilidade entre ambas as dúas marxes da vía.
Púxose en valor a contorna do pazo de Quintáns grazas á restauración do lousado orixinal e a unha correcta resolución do encontro entre os pavimentos da zona.
Reduciuse a velocidade máxima de circulación para asegurar a seguridade das e dos peóns e procedeuse á renovación da sinalización horizontal e vertical.
A actuación supuxo un cambio na concepción da mobilidade no acceso desde o núcleo de Noalla á praia da Lanzada, un importante areal nun dos municipios máis turísticos de Galicia. O número de persoas que usan a vía para os seus desprazamentos a pé incrementouse, posto que se partía dunha vía que non tiña un espazo adecuado para o tráfico peonil.
Ligazóns de interese




