null Proxecto europeo - Nutra-té&lupulo

Emprego de modelos matemáticos en produtos nutracéuticos a base de té e lúpulo

  • Acronimo:

    Nutra-té&lupulo

  • Programa:

    Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020

  • Convocatoria:

    Axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, convocatoria de 2021

  • Fondos:

    FEADER

  • Órgano responsable:

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

  • Socios:

    Orballo Innovaciones Forestales, S. L.

    Universidade da Coruña

    Deputación de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica Areeiro)

    Glecex, S. L.

    Lutega, S. C. G.

  • Data de inicio:

    01/04/2021

  • Data de fin:

    31/07/2023

  • Orzamento elixible Depo:

    18.975 €

O proxecto enmárcase nas axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, co obxectivo de obter tres produtos nutracéuticos diferenciados de mesturas de follas de Camellia sinensis e inflorescencias de Humulus lupulus con propiedades saudables.

Ambas as especies cultívanse no rural galego e son moi valoradas polo seu alto contido en catequinas, acedo gálico, xanthohumol, así como outros  polifenois. Estas especies achegan propiedades beneficiosas para a saúde, pero actualmente non se están comercializando produtos que combinen estas materias primas.

No desenvolvemento deste proxecto caracterizaranse as materias primas obxecto de estudo co fin de analizar as distintas propiedades saudables que presentan e así enfocar este traballo a algunhas delas. Nun principio serán tres: capacidade antioxidante, antidiabética e antiinflamatoria, e todas elas ofrecen unha oportunidade de mercado.

Co obxectivo de mellorar a bioactividade das materias primas recollidas en bruto, empregaranse procesos que as doten de maior valor engadido. Para isto desenvolveranse diferentes estudos de indución de rutas biosintéticas con células  desdiferenciadas e cultivo de raíces pilosas co fin de mellorar a fitoquímica das especies, así como tratamentos baseados en modelos fermentativos, tanto da folla de Camellia sinensis como da inflorescencia de Humulus lupulus.
Finalmente, co emprego de modelos matemáticos avanzados optimizaranse as variables de proceso e a composición dos tres produtos finais, para así poder diferencialos entre si e realizar o escalado piloto co que obter estes produtos e realizar a súa caracterización final.