null Proxecto europeo -plasmowine

Modelización da eficacia dos tratamentos contra mildio en vide por reconto de esporas no ambiente para minimizar residuos no viño

  • Acronimo:

    PLASMOWINE

  • Programa:

    Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020

  • Convocatoria:

    Axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), convocatoria de 2022

  • Fondos:

    FEADER

  • Órgano responsable:

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

  • Socios:

    Monet Tecnología e Innovación, S. L.

    Grupo de Aerobioloxía da Universidade de Vigo

    Viña Costeira Sociedade Cooperativa Galega

    FEUGA

  • Data de inicio:

    25/02/2022

  • Data de fin:

    31/10/2024

  • Orzamento elixible total:

    179.999,99 €

  • Orzamento elixible Depo:

    42.000 €

  • Subvención concedida total:

    179.999,99 €

  • Subvención concedida Depo:

    42.000 €

Con este proxecto desenvólvese un sistema de apoio á toma de decisións que determina o momento óptimo para a aplicación dos tratamentos contra o mildio da vide. A finalidade é reducir os custos de explotación, o risco de resistencia polo patóxeno e a pegada de carbono, así como asegurar unha maior protección do medio e da saúde humana, xunto cun aumento da calidade do viño.

O sistema proposto en PLASMOWINE indicará o momento de aplicación de cada tratamento e cando deberá renovarse debido á consideración de risco de enfermidade, ademais de modelar a eficacia e o período de cobertura real da protección dos funxicidas empregados.

Ligazóns de interese