Practicum Depo 2020
-
Programa:
Programa “Erasmus+” 2014-2020
-
Convocatoria:
Acción clave 1 de mobilidade para a aprendizaxe das persoas, convocatoria de 2020
-
Fondos:
-
Órgano responsable:
SEPIE
-
Socios:
O consorcio de mobilidade está integrado por trinta e oito centros educativos e demais provedores de formación profesional nos que se imparten especialidades oficiais de grao medio e formación profesional básica situados no ámbito xeográfico da provincia de Pontevedra. Concretamente, os centros do consorcio son os seguintes:
IES Antón Losada Diéguez, EFA A Cancela, IES Johan Carballeira, CPR Plurilingüe San Fermín, IES Francisco Asorey, IES de Rodeira, IES Plurilingüe Terra de Turonio, Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IES Laxeiro, IES Ramón María Aller Ulloa, IES Chan do Monte, IES Plurilingüe A Paralaia, IES Ribeira do Louro, IES de Poio, CIFP A Granxa, IES A Xunqueira I, IES Frei Martín Sarmiento, IES Luís Seoane, CFEA de Lourizán, IES Montecelo, CIFP A Xunqueira, Colegio Vigo, S. A., IES Pedro Floriani, IES Salvaterra de Miño, IES de Vilalonga, IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, IES Antón Alonso Ríos, IES Indalecio Pérez Tizón, Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico, Centro de Estudios Marcote, S. L., Colegio San Miguel, S. L., Divino Maestro Fundación Educativa, IES A Guía, IES Audiovisual de Vigo, IES Ricardo Mella, Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, IES Politécnico de Vigo e IES Marco do Camballón.

-
Data de inicio:
01/07/2020
-
Data de fin:
31/12/2022
-
Orzamento elixible Depo:
571.051,00 €
-
Subvención concedida Depo:
571.051,00 €
Con Practicum Depo búscase a mobilidade de estudantes graduados en ciclos medios de formación profesional pertencentes a distintas familias profesionais, coa finalidade de colaborar na súa integración no mundo laboral a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras.
Con este obxectivo fórmase un consorcio de mobilidade integrado por centros de formación profesional da provincia de Pontevedra, de xeito que o alumnado recentemente titulado, docentes e persoal dos centros adheridos realicen prácticas laborais en Europa.
A participación no proxecto ofrécelles ás e aos estudantes a posibilidade de realizar prácticas formativas nun país estranxeiro durante un período aproximado de seis meses para:
- Mellorar a súa competencia nunha lingua estranxeira.
- Mellorar as súas competencias vinculadas ao seu perfil profesional.
- Aumentar a súa empregabilidade.
- Mellorar as súas expectativas laborais, facilitándolles a transición do ámbito da educación e da formación ao mercado laboral.
Para acadar estes resultados as persoas beneficiarias contarán con:
- Axuda económica para a viaxe de ida ao destino das prácticas e a de volta.
- Axuda económica para o aloxamento e a manutención no lugar de destino das prácticas.
- Prácticas en empresas.
- Preparación lingüística antes e durante a mobilidade.
- Titorización do programa de prácticas.
- Supervisión do programa de prácticas.
- Seguro de viaxe.
