Practicum Depo 2023
-
Programa:
Programa “Erasmus+” 2021-2027
-
Convocatoria:
Acción clave 1 de mobilidade para a aprendizaxe das persoas, convocatoria de 2023
-
Fondos:
-
Órgano responsable:
SEPIE
-
Socios:
Consorcio con centros educativos de FP da provincia de Pontevedra

-
Data de inicio:
01/06/2023
-
Data de fin:
31/05/2025
-
Orzamento elixible Depo:
1.182.155,00€
-
Subvención concedida Depo:
1.182.155,00€
O obxectivo global é levar a cabo un programa de mobilidade de estudantes recentemente titulados en ciclos medios de formación profesional, formación profesional básica e cursos que conduzan á obtención de certificados de profesionalidade dos niveis I, II e III pertencentes a distintas familias profesionais co fin de colaborar na súa integración no mundo laboral a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras.
O proxecto constará de noventa mobilidades de longa duración de estudantes de FP (ErasmusPro), dez mobilidades de aprendizaxe por observación de docentes e persoal non docente que traballe en educación e formación profesional, e unha visita preparatoria.
O ámbito de actuación do proxecto é Alemaña, Bélxica, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Islandia, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía ou calquera outro país do programa “Erasmus+”.
