Experiencias turísticas atemporais para reducir a estacionalidade
-
Acronimo:
Praias sen límites
-
Programa:
Programa “Experiencias turismo España” (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)
-
Convocatoria:
Convocatoria de 2024
-
Fondos:
Next Generation
-
Órgano responsable:
Ministerio de Industria e Turismo
-
Socios:
Turismo y Planificación Costa del Sol, S. L. U.
Promoción Exterior de Lanzarote, S. A.
Empresa Municipal de Turismo de Santander, M. P. S. A.
Empresa Municipal Almería Turística, S. A.

-
Data de inicio:
01/01/2023
-
Data de fin:
30/09/2025
-
Orzamento elixible total:
702.873,80 €
-
Orzamento elixible Depo:
148.372,03€
-
Subvención concedida total:
583.385,24 €
-
Subvención concedida Depo:
123.148,78 €
Proxecto encamiñado a ofrecer experiencias ao redor das praias fóra de tempada para desestacionalizar o turismo. Propóñense experiencias náuticas, o impulso ao turismo familiar con mascotas, rutas de sendeirismo para explorar a beleza natural da costa, turismo activo e beach starlight, potenciando as praias como lugares ideais para observar estrelas. Constituirase unha rede dos destinos integrantes da proposta. Crearase unha web para a xestión de experiencias e deseñarase unha formación específica para os destinos. Ademais, organizaranse obradoiros de concienciación turística en escolas co fin de involucrar a poboación local na importancia do turismo e do uso sostible das praias. O proxecto inclúe a elaboración dun estudo sobre outras experiencias desestacionalizadoras, de ámbito nacional e internacional, co obxecto de ampliar a oferta na provincia. Coa fin de implicar a comunidade universitaria, convocaranse dous premios nacionais, un ao mellor traballo de fin de grao (TFG) e outro ao mellor traballo de fin de máster (TFM) sobre a “Xeración de novas experiencias turísticas nas praias españolas para reducir a estacionalidade”. Por último, deseñarase un mercado dixital de empresas que ofrezan experiencias na praia, como plataforma comercializadora para captar clientela fóra da época estival; realizarase un proxecto piloto de sol e praia experiencial no Metaverso, como aposta da mercadotecnia 5.0 para a atracción turística en tempada baixa; e traballarase na análise, monitoraxe e reputación en liña de experiencias en praias en tempada, para deseñar nas devanditas plataformas determinadas accións de mercadotecnia, cuxo propósito será a captación da demanda internacional.
Ligazóns de interese


