Proxecto de transformación dixital e modernización das administracións locais para concellos de menos de 20.000 habitantes
-
Programa:
Liña de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)
-
Convocatoria:
Convocatoria de 2022
-
Fondos:
Next Generation

-
Data de inicio:
01/06/2023
-
Data de fin:
30/09/2024
-
Orzamento elixible Depo:
2.521.745,00 €
-
Subvención concedida Depo:
2.521.745,00 €
O obxectivo do proxecto é a transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais. Para isto, leváronse a cabo as seguintes actuacións incluídas nas liñas estratéxicas establecidas:
- Liña 1: Administración orientada á cidadanía
Nesta liña desenvolvéronse dúas actuacións:- A implantación dun portal de transparencia para facilitar o acceso á información orzamentaria das entidades locais, de maneira clara e ordenada, para que a cidadanía poida ver a realidade dos ingresos e dos gastos tanto na fase de planificación coma na súa posterior execución.
- A implantación dunha plataforma de comunicación e xestión de incidencias nos concellos, que permite crear un canal de comunicación bidireccional entre a cidadanía e os concellos, e coa que se promove a participación cidadá, a difusión de información e a xestión de incidencias.
- Liña 2: Operacións intelixentes
Nesta liña desenvolveuse o proxecto “Sistema automático intelixente de xestión de órganos colexiados nos concellos”, co que se implantou unha plataforma de videoactas e retransmisión de plenos dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Permite a gravación, a retransmisión automática e a xeración de actas audiovisuais e a súa incorporación ao libro de actas dos plenos. - Liña 3: Goberno do dato
Nesta liña desenvolveuse o proxecto “Cadro de mando de indicadores da Axenda Urbana e ODS”, a través do que se implantou unha plataforma de axendas municipais de base xeoespacial para visualizar, xestionar e analizar os indicadores dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e os da Axenda Urbana Española (AUE) da provincia de Pontevedra. - Liña 4: Infraestruturas dixitais
Nesta liña desenvolveuse o proxecto “Provisión de equipamento e infraestruturas para a modernización e eficiencia nos procesos de traballo dos concellos”, que contempla dotar as e os empregados públicos de novos postos de traballo que implicarán unha ampla renovación dos equipos informáticos municipais da provincia e servirán para promover o teletraballo.
Así mesmo, contémplase a ampliación da infraestrutura na nube, coa adquisición de almacenamento, que se ofrece desde o Centro de Proceso de Datos (CPD) da Deputación de Pontevedra para darlle servizo ao proxecto da liña 2, en concreto á plataforma de videoactas e retransmisión de plenos. - Liña 5: Interoperabilidade de servizos básicos de administración dixital
Nesta liña levouse a cabo o proxecto “Desenvolvemento da integración coa Carpeta Cidadá”, a partir do cal se realizou o desenvolvemento e despregamento da capa de integración de Carpeta Cidadá da Administración Xeral do Estado co sistema de administración electrónica dos concellos para garantir a produción de datos estruturados que se intercambian entre ambos os sistemas. Permítelle á cidadanía un acceso sinxelo e rápido a diferentes tipos de información relacionadas cos seus trámites.


