Avaliación como axente de biocontrol do extracto natural obtido a partir do residuo do prensado de sementes de Camellia sp. na produción de plantas de viveiro
-
Acronimo:
Residuo CamelOil
-
Programa:
Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020
-
Convocatoria:
Axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, convocatoria de 2021
-
Fondos:
FEADER
-
Órgano responsable:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)
-
Socios:
Galiplant Ornamental
Fauna Útil
Deputación de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica Areeiro)

-
Data de inicio:
01/04/2021
-
Data de fin:
31/07/2023
-
Orzamento elixible Depo:
7.935 €
O obxectivo é avaliar en campo e en condicións de laboratorio o comportamento como axente de control biolóxico do extracto obtido a partir do residuo sólido, resultante do prensado en frío, das sementes de Camellia sp. na extracción de aceite. Este residuo ten un alto contido en saponinas, substancias naturais con propiedades bactericidas, funxicidas e insecticidas.
O estudo realizarase sobre os insectos praga mosca branca, araña vermella e cochinilla algodonosa e sobre o fungo patóxeno Rhizoctonia, causante de podremias que afectan á produción de plantas en viveiro. Os estudos desenvolveranse en tres grupos de cultivos:
- Aromáticas (herba luísa e melisa).
- Pequenos froitos (framboesa).
- Ornamentais (Vinca minor e Cyathea cooperi).
Preténdese demostrar a eficacia do extracto natural como biocontrol e definir o seu modo de acción como repelente e inhibidor, os efectos beneficiosos que presenta ou se unha acción en particular, por exemplo, antiséptica, pode ser asociada co seu uso específico.
A determinación dos modos de acción sentará unha base científica para establecer a eficacia e a seguridade destes aditivos para desenvolver unha estratexia a longo prazo no seu uso en formulacións.
Espérase acadar unha diminución da resistencia que se produce ao usar produtos químicos, promover un tipo de agricultura sostible, recuperar un residuo e posibilitar un novo uso, así como poñer en valor os recursos naturais de proximidade e facelos accesibles ao sector produtor. No proxecto tamén se empregarán extractos vexetais naturais coma formulacións para o seu uso en substitución de materias activas máis agresivas co medio e co cultivo. Así mesmo, preténdese conseguir a reactivación laboral da zona rural onde as empresas desenvolven a súa actividade.





