A importancia da sostibilidade ambiental e socioeconómica das Rías Baixas como motor da economía azul na contorna da Rede Natura 2000
-
Acronimo:
+Rías
-
Programa:
Programa Pleamar
-
Convocatoria:
Subvencións para o fomento da economía azul e o impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, convocatoria de 2023
-
Fondos:
FEMPA
-
Órgano responsable:
Fundación Biodiversidade

-
Data de inicio:
22/07/2024
-
Data de fin:
21/01/2026
-
Orzamento elixible Depo:
132.614,13 €
-
Subvención concedida Depo:
92.829,89 €
O proxecto "+Rías" ten como obxectivo, a través dun enfoque integrador e participativo, aumentar a sensibilización ambiental e fomentar a conciencia ecolóxica entre as e os profesionais do mar, a poboación infantil e a sociedade en xeral con respecto aos impactos da actividade do ser humano no medio costeiro e mariño. Busca transmitir a importancia da protección e conservación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños e, en particular, en espazos protexidos, poñendo en valor os produtos do mar locais e sostibles.
"+Rías" aborda temas clave coma os lixos mariños, a contaminación, a explotación sostible de recursos mariños vivos, a protección de biodiversidade mariña e espazos Rede Natura 2000, especies alóctonas ou exóticas invasoras, biotoxinas e impactos do cambio climático, así como a perspectiva de xénero na economía azul, concretamente no marisqueo nas Rías Baixas pontevedresas.
O proxecto consta das seguintes actividades:
- Plan de comunicación.
- Programa técnico: "A sostibilidade das Rías Baixas".
- Campaña de sensibilización da poboación infantil: "A biodiversidade e xestión pesqueira sostible das Rías Baixas de Pontevedra".
- Campaña de sensibilización para profesionais do mar: "As Rías Baixas, imprescindibles para unha pesca sostible".
- Campaña de valorización da pesca sostible das Rías Baixas de Pontevedra.
- Coordinación e xestión do proxecto "+Rías".
Ligazóns de interese





