#SantaClara

Santa Clara

Estudos arqueolóxicos e históricos

Os estudos arqueolóxicos e históricos que o Museo de Pontevedra realiza nas instalacións do Convento de Santa Clara comenzaron a primeiros do mes de xuño de 2022.


Analizaranse 15.417 metros cadrados de superficie do complexo conventual de Pontevedra grazas a un amplo equipo de traballo multidisciplinar que estará formado por 20 persoas, entre as que haberá arqueólogas, restauradoras, antropólogas, historiadoras, documentalistas e outro persoal técnico. Os resultados sobre “o que vaia aparecendo” deberán coñecerse diariamente, en tempo real, sen agardar ao informe final.