+Deporte
Subvencións para clubs deportivos
Apostando polos clubs deportivos da provincia
O deporte é unha actividade esencial que xera benestar persoal e social, ademais de fomentar valores, cohesión e dinamismo económico. Nun contexto onde a práctica deportiva crece e evoluciona constantemente, é fundamental facilitar o acceso e promover a participación en competicións oficiais organizadas por federacións deportivas.
A Deputación de Pontevedra, comprometida co desenvolvemento deportivo na provincia, considera esta iniciativa un dos seus alicerces estratéxicos. Por iso, ofrece catro liñas de axudas para apoiar os clubs deportivos: de ámbito estatal, de ámbito inferior ao estatal, específicas para deportes náuticos e para clubs de elite.
Estas axudas buscan superar as dificultades coas que se encontran os clubs para participar en competicións oficiais, promovendo a súa presenza e representación en eventos deportivos. Este apoio constitúe unha acción de interese público e provincial que impulsa o deporte de base, fortalece a reputación deportiva de Pontevedra e contribúe ao desenvolvemento social e económico a través do deporte.
- Subvencións para clubs deportivos que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal.
- Subvencións para clubs deportivos que participan en competicións federadas de ámbito estatal.
- Subvencións para clubs deportivos que compiten en competicións oficiais de ámbito náutico, nas modalidades de piragüismo, remo e vela.
- Subvencións para clubs deportivos que participan en competicións de elite.