Zua Méndez e Teresa Lozano, Towanda Rebels

Zua Méndez (Madrid, 1985) e Teresa Lozano (Madrid, 1986) son as creadoras de Towanda Rebels, un proxecto de comunicación feminista que naceu en 2017 en YouTube e que pronto se estendeu ao resto de redes sociais e serviu de base para facer divulgación e formación feminista por medio de conferencias e libros con grande éxito de público.
Este dúo de artistas, actrices e comunicadoras é o responsable da campaña #HolaPutero, lanzada hai un lustro para loitar contra a explotación sexual de mulleres e nenas. O vídeo deste proxecto tivo unha enorme repercusión e alentou con datos estatísticos o debate nacional sobre as causas da prostitución e da violencia contras as mulleres.
Desde entón publicaron o exitoso libro #HolaGuerrera (2018) e participaron en obras colectivas coma Debate prostitución: 18 voces abolicionistas (2019), Ser feministas (2020) e No somos princesas somos guerreras. Cuentos feministas para un mundo nuevo (2021). Tamén produciron a súa propia obra de teatro feminista titulada Sex Toy, la rebelión de las muñecas, escrita, dirixida, producida e distribuída por mulleres, que denuncia a consideración do corpo feminino como mero obxecto estético e sexual.