Cursos gratuítos de Español para Persoas Inmigrantes para a Preparación do DELE A2
O obxecto desta convocatoria é poñer en marcha tres edicións, de ata un máximo de 55 prazas, dos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes para a Preparación do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.
- Bases (BOPPO 09/04/2021)
- Tramitacion en sede.depo.gal
As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que necesiten preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.
Daráselles prioridade ás persoas que se atopen preparando as probas do exame de certificación de nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 20 de xaneiro de 2012).
Última modificación: luns, 12 abril 2021