Axenda de actividades provinciais
Son Verán. Carlos Núñez
2026-09-27 19:00:00.0
Porto de Aldán, Cangas de Morrazo
O Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do Ciclo Son Verán de concertos estivais, que terán lugar de xullo a setembro de 2026 en concellos da provincia. Este ciclo, que naceu con vocación de continuidade, aposta por música con artistas e agrupacións de gran calidade que se suman á oferta cultural e musical da provincia con estilos e propostas alternativas ás programadas polos concellos: ópera, musical e escénica, tradicional-celta e músicas do mundo.
Información
- Reserva de entradas de balde a través de entradas.ataquilla.com
- Poderanse reservar como máximo dúas entradas por persoa a partir do luns 21 de setembro, ás 9 h