Axenda de actividades provinciais
Entre Pontes Trail & Running 10K A Illa de Arousa-Vilanova de Arousa
Sun Sep 20 00:00:00 GMT 2026
A Illa de Arousa–Vilanova de Arousa (comarca do Salnés)
Entre Pontes Trail & Running é un novo circuíto de eventos deportivos promovido pola Deputación de Pontevedra, en colaboración cos concellos sede, que percorrerá diferentes municipios da provincia a través do running e do trail.
Información
A primeira cita será cunha carreira de 10 quilómetros con saída ás 10 horas da Illa de Arousa e chegada a Vilanova de Arousa. A xornada contará tamén cunha andaina de 5 quilómetros ás 10:15 horas e unha carreira infantil a partir das 12:00 horas. As inscricións estarán abertas ata o 16 de setembro ou ata completar as prazas.