A Deputación subvenciona por preto de 650.000 euros o proxecto de urbanización da rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia

A institución provincial financia o 70 % da actuación, que transformará o núcleo urbano e mellorará a seguridade viaria, e o Concello o 30 % restante

22/03/2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de subvencionar por preto de 650.000 euros o proxecto de urbanización da rúa Condesa e áreas de estacionamento en Barrantes, no concello de Ribadumia. Para acometer esta actuación, a Deputación achega o 70 % do orzamento, mentres que o Concello achega o 30 % restante.

Como explicou o presidente provincial, Luis López, esta obra abrangue un tramo duns 300 metros no treito inicial da EP-9506 que une Barrantes e Vilariño, e transformará o núcleo urbano, permitindo mellorar a seguridade viaria e a mobilidade da veciñanza. En concreto, mediante a actuación modificarase o trazado da rúa Condesa e instalaranse beirarrúas máis amplas, de formigón coloreado. Tamén se crearán zonas de estacionamento para darlles servizo aos autobuses escolares que acceden ás instalacións deportivas da contorna e construirán pasos de peóns sobreelevados para garantir a seguridade viaria.

As obras completaranse coa instalación de redes de telecomunicación e de drenaxe, así como coa execución de zonas axardinadas, mobiliario urbano e nova sinalización horizontal e vertical.

Novas relacionadas

{"classPK":11159784,"groupId":"37861","name":"20240902_obras_ribadumia_2.jpg","alt":"O presidente da Deputación xunto co o alcalde de Ribadumia nunha visita as obras da estrada de Barrantes","title":"20240902_obras_ribadumia_2.jpg","type":"document","uuid":"e5c4e95b-da8e-1266-3e41-bf41d6c75b27","fileEntryId":"11159784","resourcePrimKey":"11159872"}

Luis López enxalza a actuación de urbanización que se está a desenvolver na rúa Condesa de Barrantes, cun investimento de 650.000 euros para garantir a seguridade viaria

  02/09/2024

{"classPK":8601354,"groupId":"37861","name":"20240603_isabel-couselo_rua-condesa-ribadumia.jpg","alt":"Urbanización da rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia","title":"20240603_isabel-couselo_rua-condesa-ribadumia.jpg","type":"document","uuid":"b22103a8-b825-4a49-852e-a7b83906474d","fileEntryId":"8601354","resourcePrimKey":"8601494"}

A Deputación supervisa a evolución das obras de urbanización da rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia, nas que está a investir preto de 650.000 euros

  03/06/2024

{"classPK":8042783,"groupId":"37861","name":"20240408_isabel_couselo_EP8404_cuntis.jpg","alt":"400.000 euros na mellora da estrada provincial entre Piñeiro e Arcos","title":"20240408_isabel_couselo_EP8404_cuntis.jpg","type":"document","uuid":"89ed54cb-e69c-9dc4-4742-4e8155723e61","fileEntryId":"8042783","resourcePrimKey":"8042672"}

A Deputación investirá máis de 400.000 euros na mellora da estrada provincial entre Piñeiro e Arcos, en Cuntis

  08/04/2024