A Deputación entrega ao Centro Juan María de Nigrán un vehículo adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar valorada en 25.000 euros
A deputada Paula Bouzós recordou que Impulsa Benestar distribúe preto de 1,5 millóns de euros para facilitar a adquisición de vehículos e para a realización de obras en locais de entidades de iniciativa social da provincia
16/10/2026
A Deputación de Pontevedra acaba de entregar ao Centro Juan María de Nigrán un vehículo adquirido cunha axuda do programa Impulsa Benestar valorada en 25.000 euros. A deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, recordou que Impulsa Benestar distribúe preto de 1,5 millóns de euros para facilitar a adquisición de vehículos e para a realización de obras nos locais das entidades de iniciativa social da provincia.
O Centro Juan María da Asociación La Esperanza del Valle Miñor recibiu 25.000 euros para sufragar os custos de adquisición deste vehículo, o importe máximo que se podía solicitar ao abeiro da liña de adquisición de vehículos novos. Ademais, o centro recibiu este ano outros 10.000 euros da Deputación de Pontevedra, a través do programa Provincia +Inclusiva, para demoler a antiga rampla e mellorar a accesibilidade ao edificio para as máis de 172 persoas usuarias e profesionais da entidade.
Impulsa Benestar está dirixido á mellora, adecuación e modernización das instalacións e dotacións das entidades de iniciativa social da provincia. O programa conta cun dúas liñas de financiamento, unha primeira para posibilitar a realización de obras nas súas instalacións e outra para a adquisición e adaptación de vehículos, cos que prestar o servizo de transporte de usuarios e o de repartición de alimentos, roupa, mobiliario ou mercancías a persoas en situación ou risco de exclusión social. En concreto a liña de adquisición e adaptación de vehículos distribuíu este ano máis de 650.000 euros entre 33 entidades sociais da provincia.
