A sede da Deputación en Vigo ilumínase de morado polo 8M para reivindicar a igualdade real
02/03/2026
A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, situada na rúa Chao, iluminouse de cor morada co gallo da celebración do 8M. Unha iniciativa que se repetirá todos os seráns ata o vindeiro domingo, xornada na que se celebra o Día Internacional da Muller. Desde xeito, as instalacións provinciais do casco vello vigués súmanse ás accións de sensibilización desenvolvidas pola institución. A iluminación simbólica do edificio pretende reivindicar a igualdade real e a necesidade de avanzar cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva.
