A Deputación seleccionada para optar aos Premios Anillos de Oro do Círculo de Profesionais das Series Españolas polo labor desenvolvido a través da Rías Baixas Film Commission

“Este é un recoñecemento ao traballo, á nosa capacidade de xestión e á profesionalidade da Rías Baixas Film Commission, que ten demostrado ser unha peza clave para o desenvolvemento de rodaxes e producións audiovisuais na provincia”, asegurou o presidente Luis López

06/03/2026

A Deputación seleccionada para optar aos Premios Anillos de Oro do Círculo de Profesionais das Series Españolas polo labor desenvolvido a través da Rías Baixas Film Commission

A Deputación de Pontevedra acaba de ser seleccionada para optar aos Premios Anillos de Oro do Círculo de Profesionais das Series Españolas polo labor desenvolvido a través da Rías Baixas Film Commission durante os anos 2024 e 2025. “Nunha semana na que vimos de participar na Feira Internacional de Turismo BTL de Berlín, seguimos a colleitar boas novas para a provincia”, remarcou o presidente Luis López.

En maio coñecerase se a Deputación consigue finalmente o galardón, que será entregado en xuño en Tenerife, pero, tal e como subliñou López, o feito de ser seleccionados para optar á primeira edición destes Premios Anillos de Oro “é un recoñecemento ao traballo, á nosa capacidade de xestión e á profesionalidade da Rías Baixas Film Commission que ten demostrado ser unha peza clave para o desenvolvemento de rodaxes e producións audiovisuais na provincia”.

O presidente recordou que o pasado ano a Film Commission provincial xestionou máis de 60 producións audiovisuais, organizou unha viaxe de familiarización na que se deron cita empresas audiovisuais de renome internacional e localizadores de grandes producións mundiais de cinema, e participou en feiras e eventos do sector audiovisual, como os celebrados en Valladolid ou Londres, onde divulgou e presentou o destino Rías Baixas a plataformas como HBO ou Netflix e produtoras líderes do mundo.

Festival de Cine de Málaga

A Rías Baixas Film Commission participará a próxima semana no Festival de Cine de Málaga, ata onde viaxará con material promocional para divulgar os puntos fortes da provincia para a produción de rodaxes cinematográficas. Alí contará cun espazo no stand da Spain Film Commission, xunto con outras entidades socias da rede, onde aproveitará para reunirse con produtoras líderes para avanzar no posicionamento da provincia como destino de grandes producións audiovisuais.

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14835316,"groupId":"37861","name":"20260311_rias_baixas_film_commission_festival_de_malaga.jpg","alt":"A Deputación avanza na captación de rodaxes audiovisuais para a provincia e no posicionamento da imaxe de marca a nivel nacional e internacional no Festival de Cine de Málaga","title":"20260311_rias_baixas_film_commission_festival_de_malaga.jpg","type":"document","uuid":"97ebfce0-6ba7-c399-69e3-99422a9f4582","fileEntryId":"14835316","resourcePrimKey":"14835337"}

A Deputación avanza na captación de rodaxes audiovisuais para a provincia e no posicionamento da imaxe de marca a nivel nacional e internacional no Festival de Cine de Málaga

  11/03/2026

{"classPK":14788679,"groupId":"37861","name":"20260306_luislopez_xuntagoberno.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260306_luislopez_xuntagoberno.jpg","type":"document","uuid":"571dadbe-3646-f5ac-0515-ed166f3348a9","fileEntryId":"14788679","resourcePrimKey":"14791318"}

A Deputación destina 71.000 € para que 2.800 rapaces de 68 centros educativos dunha trintena de concellos da provincia desfruten este ano de saídas a granxas escola a través de Vive o Rural

  06/03/2026

{"classPK":14790442,"groupId":"37861","name":"20260306_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260306_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"d3ff4753-47fd-463b-8b75-098e294d595a","fileEntryId":"14790442","resourcePrimKey":"14790461"}

Luis López confirma a activación do procedemento para contratar as obras de mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, en Marín, cun investimento de 1,2 millóns de euros

  06/03/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.