A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial EP-0403 Carballedo-Rebordelo en Cerdedo-Cotobade

A deputada Belén Cachafeiro recorreu xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro do acordo marco de cunetas na rede da Deputación, dotado con preto de 2 millóns de euros

15/02/2025

BELEN CACHAFEIRO VISITA Cerdedo-Cotobade

A Deputación de Pontevedra está a executar cunetas de seguridade e obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-0403 Carballedo-Rebordelo no Concello de Cerdedo-Cotobade. A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, Belén Cachafeiro, recorreu xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, a actuación que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro do acordo marco de cunetas de seguridade na rede viaria da Deputación, que ascende a preto de 2 millóns de euros.

Segundo destacou Cachafeiro, as obras que se están a realizar no Concello de Cerdedo-Cotobade trátanse de operacións de mellora da seguridade viaria mediante a execución de cunetas na estrada provincial EP-0403 Carballedo-Rebordelo, a carón do punto quilométrico 1+900. “Mediante estas cunetas de formigón armado - tal e como recordou a deputada- non só se vai mellorar a drenaxe da estrada mediante a evacuación das augas pluviais, senón que se vai xerar un espazo transitable máis seguro para os peóns”. A actuación en Cerdedo-Cotobade contempla a execución de cunetas, a colocación de tubaxes para drenaxe, a execución de arquetas e o recrecido de pozos.

Belén Cachafeiro lembrou que esta é só unha das actuacións incluídas no acordo marco de obras de cunetas de seguridade na rede viaria da Deputación de Pontevedra, que ascende a 2 millóns de euros. Ao abeiro deste acordo marco e no concello de Cerdedo-Cotobade tamén se vai actuar na estrada provincial EP-0407 Borela-Ponte Caldelas, onde tamén se vai executar a instalación de barreiras de seguridade no marco das actuacións de conservación integral da rede viaria da Deputación de Pontevedra.

Novas relacionadas

{"classPK":14710090,"groupId":"37861","name":"20260228_luis_lopez_jorge_cubela_estrada_carballedo1.jpg","alt":"Luis López informa do investimento de 760.000\u20ac por parte da Deputación para a mellora da seguridade da estrada que une Carballedo e Rebordelo, en Cerdedo-Cotobade","title":"20260228_luis_lopez_jorge_cubela_estrada_carballedo1.jpg","type":"document","uuid":"9755fd99-3dfb-3df9-51c9-56f485bfa9b0","fileEntryId":"14710090","resourcePrimKey":"14710195"}

Luis López informa do investimento de 760.000€ por parte da Deputación para a mellora da seguridade da estrada que une Carballedo e Rebordelo, en Cerdedo-Cotobade

  28/02/2026

{"classPK":14666726,"groupId":"37861","name":"20260220_luis_lopez_rp_xg2.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260220_luis_lopez_rp_xg2.jpg","type":"document","uuid":"4340cd27-aba2-45ad-cd4c-2ececc772896","fileEntryId":"14666726","resourcePrimKey":"14667058"}

A Deputación mellorará a drenaxe e a seguridade viaria da estrada provincial EP-0403 en Cerdedo-Cotobade cun orzamento próximo aos 760.000 €

  20/02/2026

{"classPK":14285963,"groupId":"37861","name":"20251226_RP-DEPO_08.jpg","alt":"Luis López en rolda de prensa","title":"20251226_RP-DEPO_08.jpg","type":"document","uuid":"5eddf87c-ace1-f5d7-d7f6-3596bdf636e2","fileEntryId":"14285963","resourcePrimKey":"14286417"}

A Deputación aproba o convenio co Concello de Cerdedo-Cotobade para financiar o proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-0407 Borela-Ponte Caldelas

  26/12/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.