Luis López participa na Illa de Arousa nos actos de celebración do centenario do Céltiga FC
27/06/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado na Lonxa Nova da Illa de Arousa nos actos de conmemoración do centenario do Céltiga FC, un emblema para o tecido deportivo do concello e da comarca do Arousa. O mandatario provincial recoñeceu a achega deste histórico club tanto na formación de novos deportistas como na historia do fútbol galego e asegurou que “se esta é a provincia do deporte, é por entidades como o Céltiga FC”



