A Deputación mantén un encontro en Pontevedra coas asociacións da comarca que participarán este ano no programa +Xuntas

A deputada de Igualdade, Paula Bouzós, informou ás asociacións das condicións do programa, que busca impulsar a formación das mulleres e que chega este ano a unha trintena de colectivos da contorna de Pontevedra

15/06/2026

Paula Bouzós nun encontro coas asociación participantes en máis xuntas

A deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Paula Bouzós, acaba de manter no Salón de Actos do Edificio Administrativo do organismo provincial un encontro coas asociacións da comarca de Pontevedra que se benefician este ano das accións formativas do programa +Xuntas. En total son 29 colectivos os que participarán neste programa que, cun orzamento de preto de 340.000 € (un 6% máis que o pasado ano), ten como obxectivo impulsar a formación das mulleres arredor de áreas centradas na tecnoloxía, a creatividade, a natureza e a saúde.

Paula Bouzós lembrou que +Xuntas busca mellorar a formación básica das mulleres e as súas condicións de vida, promover o apoderamento e a súa autonomía individual, e crear redes de apoio para impulsar a participación activa e a sororidade entre as participantes. Cada acción ten unha duración de 35 horas e inclúe un módulo de sensibilización na igualdade e de oportunidades, de carácter obrigatorio e imprescindible para recibir o diploma. Cada acción ten un máximo de 25 participantes, agás os obradoiros asociados á tecnoloxía, cun máximo de 20. O goberno da Deputación pon en marcha este programa dentro do seu compromiso coa igualdade, entendendo a formación como un instrumento fundamental na loita contra a violencia de xénero.

A deputada de Igualdade lembrou que cada entidade debe proporcionar o local para a realización do obradoiro, en condicións adecuadas, e ofrecer a formación ás súas usuarias (o 75% de asistentes como mínimo deben ser mulleres) a un prezo de sete euros. Ademais, as participantes están obrigadas a asistir ás sesións, cun máximo de 25% de faltas sempre que sexan xustificadas e en ningún caso ao módulo de sensibilización, e levando os materiais indicados no catálogo de cursos. A empresa encárgase, entre outras cousas, de proporcionar persoal docente experimentado e titulado, o material para o alumnado e o resto de equipo co que non conten os locais escollidos polas entidades.

Presentación das asociación que particpan en Pontevedra no programa +Xunas

No caso da comarca de Pontevedra, contarán con obradoiros de +Xuntas a Asociación de Mulleres de Vilaboa; a Asociación de veciños A Laxe de San Gregorio de Raxó, de Poio;  as asociacións de Mulleres Rurais A Pícara e de veciños da parroquia de San Pedro de Gaxate, da Lama. Tamén chegarán obradoiros de +Xuntas á Asociación veciñal de Fragas, de Praderrei e de Mulleres Rurais A Chanciña, de O Campo Lameiro; e ás asociacións de Mulleres Rurais Coto das Sombriñas de Tourón e  Mujeres Rurales Aires del Norte y Olé, de Ponte Caldelas.

Ademais, desfrutarán de accións formativas de +Xuntas entidades de Cerdedo Cotobade como a  Asociación de veciños A Cividade de San Xurxo de Sacos, Asociación de veciños Penelas de Aguasantas, Asociación de veciños San Gregorio de A Corredoira, Asociación de Veciños Pe da Mua, Asociación de veciños Lugar Cutián, Asociación San Martiño de Rebordelo, Asociación de veciños e amigos Santiago de Caroi, Palilleiras Rebulideiras de Cotobade, Mulleres en Igualdade de Cerdedo Cotobade e a Asociación de Mulleres Creativas de Quireza.

E do Concello de Pontevedra beneficiaranse de +Xuntas a Asociación cultural Reiriz 2016 A Queimada, Asociación de veciños Parroquia de Bora, Asociación cultural Sondexeve, Asociación cultural Veira do Río de Pontesampaio, Sociedade Cultural Deportiva San Martín de Verducido, Cruz Roja Española, Asociación de veciños Heroes de Pontesampaio, Mulleres Rurais Os Muíños de Marcón, Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama e a Federación Pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.