
#IGUALDADE
Conectadas
O programa Conectadas 2023 ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.
Este programa vai destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
As accións formativas estarán abertas a toda a poboación da provincia de Pontevedra, aínda que as mulleres terán preferencia. En caso de quedaren prazas vacantes poderán participar homes, ata un máximo do 25 % do total das prazas. As persoas participantes deberán ser maiores de idade ou, como mínimo, e de maneira excepcional ter os 16 anos feitos.
- Bases (BOPPO 31/01/2023)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 31/01/2023)