A Deputación de Pontevedra en

Culturgal

"Unha provincia para cantar a cultura"

Un ano máis, a Deputación estará presente en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro de 2025 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Este ano o lema que ocupará o espazo e a programación desta institución será "Unha provincia para cantar a cultura" para destacar aqueles programas e actividades levadas a cabo ao longo do ano arredor da música e da cultura tradicionais, tanto en espazos propios coma nos dos concellos da provincia.


Programación da Deputación de Pontevedra en Culturgal:

  • Venres 28 de novembro. Sala VIP
    • Xornadas profesionais MUMI: Músicas no Minho
    • Coidar a Música: a Escena que Queremos
    • Ás 11:30 h · Sala VIP, apertura e café de benvida.
    • De 12:00 a 13:30 h · Sala VIP, "Música e identidade: a lingua como motor cultural".
      • Participan: Valentín García, secretario xeral de Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia; Arcadio Nóvoa, coordinador de "Aquí tamén se fala", do IES Rafael Dieste (A Coruña); e Gael García, director de mercadotecnia e comunicación do R. C. Celta de Vigo.
        Conduce a conversa: Esther Estévez
    • De 13:30 a 15:30 h · Sala VIP, petiscos para establecer contactos profesionais.
    • De 15:30 a 17:00 h · Sala VIP, "Festivais como espazos de transformación".
      • Participan: Marta Álvarez, de Foliada (A Fonsagrada); Xacobo García, de Ponte Farruca (Laza); Manuel Rial, de Muinhada (Vimianzo); e Susi Álvarez, de Ruada das Gotas (Ribadumia).
      • Conduce a conversa: Eva Fernández Prieto, de Rebelico Revista.
    •  De 17:30 a 19:00 h · Escenario de música, "Visibilidade, coidado e dinámicas de mercado na música actual".
      • Participan: Abraham Cupeiro, Ugía Pedreira e Caamaño & Ameixeiras.
      • Conduce a conversa: Marta Gómez.
  • Sábado 29 de novembro
    • Ás 12:30 h · Posto da Deputación de Pontevedra
      • Pandeireteiras Soalleira de Dorrón. Concerto e obradoiro aberto de pandeireta.
    • Ás 18:30 h · Posto da Deputación de Pontevedra
      • Óscar Ibáñez Quartet. Óscar Ibáñez, frauta e gaita; Fernando Fraga, acordeón; Xosé Liz, bouzouki; Leandro Deltell, caixón e caixa.
    • Ás 19:30 h · Posto da Deputación de Pontevedra
      • Suso Vaamonde. Concerto didáctico: Nova técnica de pandeireta galega.
  • Domingo 30 de novembro
    • Ás 12:00 h · Teatriño
    • Ás 12:45 h · Posto da Deputación de Pontevedra
      • Actuación das pandeireteiras de Toutón.
    • Ás 13:00 h · Posto da Deputación de Pontevedra
      • Obradoiro aberto de pandeiro redondo e pandeireta con María Vidal Solla e Pichi Abollado.
    • Ás 17:00 h · Escenario Arte
      • Presentación do libro de banda deseñada Castelao en Pontevedra (1916-1936), de Miguel Pérez Ramudo. Museo de Pontevedra.
    • Ás 17:30 e ás 18:30 h · Posto da Deputación de Pontevedra
      • Fundación Legar. Concerto didáctico sobre instrumentos de raíz.

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.