#CULTURA

HABITARME

Danza e teatro

Fundación Igualarte. Compañía Al Lío

Espectáculo de danza e teatro

Pequena xira coa Deputación de Pontevedra polos concellos da provincia


HabitarMe é unha peza de danza e teatro que trata sobre mulleres diversas, mulleres ben habitadas, mulleres desexosas, mulleres que fan, mulleres que cuestionan, mulleres que están incómodas, mulleres que optan por saír da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. É unha obra que fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e, de súpeto, un crac, unha pausa, un alento máis longo do habitual onde nacen as ganas. Así que falar diso, habitala, é a única opción.

REPARTO

María Romano, directora

Helena Cuber, actriz

Eva García, actriz

Vanesa Lea, actriz

Carmen Gómez, actriz

DATAS 

  • Bueu
    • Sábado 10 de xuño
    • Centro Social do Mar, ás 22:00 h
  • Cambados
    • Domingo 11 de xuño
    • Auditorio municipal, ás 20:00 h
  • Salceda de Caselas
    • Domingo 18 de xuño
    • Auditorio municipal, ás 20:00 h
  • Gondomar
    • Sábado 24 de xuño
    • Auditorio Luis Tobío, ás 20:00 h
  • Redondela
    • Domingo 25 de xuño
    • Auditorio Multiúsos da Xunqueira, ás 19:00 h

Documentos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.