Javier Iglesias Mougán

Javier Iglesias Mougán
Logo partido politico

Biografía

Javier Iglesias Mougán naceu en Ribadumia en marzo de 1981. Completou a Educación Xeral Básica na súa vila natal e despois fixo o Bacharelato en Cambados, no Instituto Ramón Cabanillas.

De 2003 a 2011 traballou como camareiro en distintas empresas e, nun primeiro momento, compaxinouno cos estudos universitarios.

Desde 2011 ata a actualidade traballa como axente de seguros en Seguros Ocaso; nese ano tamén se involucrou na vida política municipal a través da agrupación local do PSdeG-PSOE ao participar nas citas electorais locais ata 2023, ano no que foi cabeza de lista.

É pai dunha nena de 8 anos e dun neno de 3, e comparte a crianza coa súa parella.

Comisións informativas

  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade