#CULTURA

Joaquín Moldes, “A segunda vida”


Sala de exposicións do Palacete das Mendoza. Pontevedra

Inauguración: martes 24 de marzo, ás 19 h

Do 24 de marzo ao 12 de abril de 2026

Horario de visita: de luns a venres, de 8 a 20 h; sábados e festivos, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h; domingos, de 10 a 14 h

Con “A segunda vida” quero convidar as e os espectadores a deterse e mirar máis aló do evidente. Interésame reflexionar sobre eses mundos paralelos que nos rodean, que nos condicionan e que, aínda que ás veces invisibles, están máis preto do que imaxinamos. Traballo con materiais reciclados porque creo na transformación: na posibilidade de outorgarlle unha nova existencia a aquilo que parecía esgotado. A través de pinturas e esculturas, constrúo un universo simbólico onde os rostros, os corpos fragmentados e as figuras en tensión falan da dor colectiva, da identidade e tamén da resistencia. Esta exposición é, para min, unha chamada de atención, pero tamén unha porta aberta. Desexo que cada obra funcione como unha chave que nos conecte coa nosa conciencia e nos impulse a mirar cara a dentro. Porque sempre é posible unha segunda vida: na materia, na memoria e en nós mesmos.