#BENESTAR SOCIAL
+CONVIVENCIA
2026
O programa “+Convivencia” ten como obxectivo crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra onde poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. Serán obxecto de subvención aqueles gastos previstos a continuación e derivados da realización dalgunha das actividades enmarcadas dentro do catálogo de “+Convivencia” (anexo I), que se leven a cabo do 1 de abril ao 31 de decembro de 2026.
PARA QUEN?
- Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia como entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra.
- Asociacións ou federacións de maiores, mulleres, veciñais e culturais non rexistradas na anterior categoría.
- Asociacións de nais e pais.
- Outras entidades non rexistradas nas categorías anteriores que desenvolvan actividades de iniciativa social e así figure nos seus estatutos.
FINANCIAMENTO E GASTOS SUBVENCIONABLES
Só se concederá unha subvención por entidade e o importe máximo desta para cada actividade non poderá exceder da cantidade de 1.200 €. Os gastos subvencionables serán:
- Custos de entradas ou similares.
- Gastos de medios de transporte.
- Gastos de axencias de viaxes.
- Gastos de guías oficiais de Galicia (https://aei.turismo.gal/es/rexistro-de-empresas-e-actividades-turisticas).
- Gastos de seguros necesarios para o desenvolvemento da actividade.
- Gastos de restauración e/ou cátering, que non poderán exceder de 600 €.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
Do 12 de febreiro ao 11 de marzo de 2026.
LIGAZÓN WEB
CONTACTO
- benestarsocial@depo.es
- 986 804 100 (extensións 41216, 41221, 41222)