SmartPeme imparte esta semana cinco novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta, entre outros, cursos sobre ciberseguridade, márketing ou optimización de páxinas web

25/01/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o inbound márketing, contramedidas de ciberseguridade ou a creación e optimización de webs.

Os obradoiros desenvolveranse entre hoxe martes e o xoves. Nesta primeira xornada, o deseñador gráfico Guillermo Nass impartirá ás 12 horas o curso Guía para crear e optimizar a túa páxina web, unha guía básica para comezar calquera proxecto en liña.

O mércores 26 celebraranse outros dous cursos, o primeiro ás 12 horas titulado  Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 II, da man de Manuel Freire, experto universitario en robótica para explicar os posibles riscos de Internet e as  contramedidas que lles axudarán a estar máis protexidos na rede. E o segundo, ás 18 horas, abordará a Introdución ao inbound márketing I, a metodoloxía non intrusiva, baseada en técnicas do márketing e a publicidade dixital, que ten como obxectivo comunicarse cunha persoa usuaria desde que coñece unha marca ata a venda final. Ofrecerá este obradoiro Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual.

Para o xoves 27 están programados Planifica os propósitos de 2022: mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións, ás 12 horas, que tratará o teletraballo e a produtividade e será impartido por Fátima Faílde, posgraduada en Comuniación e Industrias Creativas; e Infografías, representa a información de maneira visual (18 horas), no que a deseñadora gráfica Laura Taboada amosará ás persoas participantes os tipos de infografías e as súas vantaxes par ao negocio, así como tamén como crealos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.